Nova marcha BTT celabra este pasado domingo 20 de outubro, na que o Noitebra estivo presente, inda que de forma "individual" (neste caso, o que escribe).
Ruta celebrada polos arredores do Carballiño nunha mañana que comezou con bastante choiva, pero que a hora da saida apareceu o sol, e fixo que os chuvasqueiros sobraran xa nas primeiras subidas.
Como vemos na gráfica uns 40 km con arredor de 1100 mts de desnivel acumulado, a simple vista asequible, pero como podedes observar, foi unha ruta con moito "sube-baixa" e bastante rompe pernas sen moitas zonas donde rodar con tranquilidade, además as choivas destas semanas añadiron o extra de lama, e porque non admitilo de diversión nas baixadas e trialeras (e acabar ata arriba de barro sempre e divertido).
Os "peros" quizais o retraso na saída e algún cruce un pouco mal sinalado que me fixeron perder 15 minutos buscando de volta a ruta, e atoparme con mais ciclistas perdidos, pero en liñas xerales moi ben organizado, avituallamentos con gran cantidade e variedade de comida e bebida, e como regalo un gorriño pra tapar a cabeza neste inverno.
En canto os tempos, non era proba cronometrada, pero o programa My Tracks, dame 3:25:12, cun ritmo de 9,71 km/h
Disfrutando das baixadas e a lama!
Con cara de pensar sólo en chegar a meta