II Ruta Os Do Monte Bravo
Ruta celebrada este pasado domingo 26 de Xaneiro na Parroquia de Calo, no Concello de Teo, onde o Noitebra F.C. tivo a representación de Jorge Cela (o que escribe).
O día amanecía frió e con chuvia lixeira, pero sabendo o clima que levamos tendo dende fai semanas, e coñecendo a zona por vivir preto dela, o que escribe xa temía o que ía a atopar...
BARRO
Ruta duns 43km (inda que o programa My Tracks márcame 41km), onde vemos un perfil asequible salvo por un par de trialeiras compricadas (ata -30% de pendiente en baixada) e unha longa subida que afrontar con calma.
Agardando a saída
Inicio de carreira bastante rodador e colocado no grupo do medio rodando a unha velocidade algo alta tendo en conta o tempo sen facer unha saida en condicions, e comezaban os primeiros problemas, os primeiros 7-8 km pedaleando con bastante dor na perna, que sumados o frío, chuvia o barro, facían estragos na cabeza, pero tras unha parada técnica a meterlle mais presión os neumaticos e "liberar" líquidos, a dor desapareceu e recuperamos forzas para seguir.
Todo correcto ata encarar a longa subida intermedia, onde "gracias" a lama, deixou de funcionar o desviador dianteiro e houbo que parar varias veces a limpalo co botellín porque era imposible cambiar correctamente as marchas.
Trala subida, comezou a baixada, trialeiras cos camiños cheos de lama e moi gastados dos corredores mais adiantados obrigaban a usar toda a pericia disponible e abusar de frenos, e aquí e onde me percatei do seguinte problema, a lama deixoume os ultimos 20km sen freno traseiro, sumandolle dificultade extra nas baixadas.
Finalmente e tras algún ca outro incidente e vadear algún río improvisado, conseguín rematar a proba en 4:24:42, que tendo en conta as condicións dos camiños e os problemas mecánicos, pensei que ía tardar mais.
Probando os primeiros tramos de barro
Os nosos corredores Martín Rey e Fernando asistirán en Vigo o próximo día 9, a Gran Bikedada, con vistas a preparar a Pedalada Ártabra a finais de febreiro.