O Domingo 9 de Febreiro os corredores do
Noitebra Martín Rey e Fernando Barreiro, asistimos á “I Gran Bikedada”
celebrada en Vigo por Ciclismo Fan Manager en favor da ONG “Red Concordia”
Ante a ameza da tormenta “Stephanie” a
participación na carreira, que constaba de 3 modalidades (40 km, 60 km
e 80 km), mantívose no aire ata o final.
A ruta, que tiña a súa saída na Rúa Príncipe,
comezou pasadas as 9 da mañá polas rúas máis céntricas de Vigo, con chuvia e
frío, pero sen vento apreciable, algo que temíamos pola chegada da tormenta
“Stephanie”. Xa dentro dos camiños de monte, gran parte paralela á ría de Vigo,
o firme estaba compacto e fácil de rodar, e sen apenas subidas polo menos nos
primeiros 20 km, pero pronto o camiño foise convertindo en lama, algo esperado
con este clima.
Inicialmente íamos a realizar a variante de 60
km, pero coa lama comezaron a aparecer os problemas mecánicos, problemas no
cambio, e sobre todo nos freno traseiro, sumado ao frío, o madrugón, pensando
na volta a Santiago e sobre todo á ameza da tormenta, decidimos facer a
variante de 40 km. Esta variante volvía polo mesmo camiño da ida, un camiño
polo que antes pasaron 500 corredores, o resultado, máis lama!!!
Finalmente, como punto negativo da carreira, a
última parte do recorrido, transcurríu polas rúas céntricas de Vigo sen atopar
a ningún integrante da organización, e polo medio do tráfico. Pensamos que esta
parte foi bastante perigosa tendo en conta o mal funcionamento dos freos. Como
anécdota final, a chegada á meta estaba colapsada por unha manifestación, que
nos obrigou a baixar da bici e tratar de pasar polo medio da xente que alí
estaba concentrada.
O resultado final:
155 Rey
Caneda,Martín Noitebra C.F. 2:14:50 2:42:44
156
Barreiro Gigirey,Fernando Noitebra
C.F. 2:14:50 2:42:43