Ruta celebrada na cidade de Rianxo o pasado 23 de Febreiro, a cal asistiron os habituas Martín Rey, Jorge Cela, e Miguel Anxo, o cal estreábase como atleta BTT esta tempada.
A nosa intención inicial era a realización da maratón de 60 km, pero en vista do posible estado do terreo, e para que negalo, a regulera forma física decidímonos pola ruta intermedia duns 40 km de recorrido.
Como vemos no perfil, ruta dura, con dúas subidas moi duras e moito sube-baixa de inicio para quentar as pernas.
Nos primeiros kilometros, consneguín esquivar os atascos gracias a miña pericia na lama e adiantei bastantes posicións, aproveitando a distancia gañada para repoñer forzas e agardar por Miguel e Martín na primeira subida, e chegar xuntos o avituallamiento.
O problema foi que o avituallamento estaba a case 27 km de distancia da saida e fíxose moi duro ese primeiro tramo, especialmente para min, o querer agardar a chegar para descansar e comer, aguantei ata que os 500m de arrancar tralo avituallamento, os calambres deixaronme "seco" no medio dun pequeño río.
Estirei o que puiden e os da organización sinalararonme un "atallo" por onde chegar en 3-4 km a meta.
Poño "atallo" entre comillas porque debido a mala sinalización finalmente recorrín 39 km en total, sufrindo moito nas subidas por culpa da perna, e maldecindo aqueles 3-4 km prometidos.
Miguel e Martín proseguiron coa ruta realizando os 44-45 km correspondentes, sufrindo na subida a sempre amigable lama que facía case imposible subir por algúns tramos.
Conclusions da ruta, a pesar da inactividade de febreiro realizaronse (algúns millor ca outros) 40km en condicions duras, e agora a afrontar marzo e abril con seriedade para chegar ben os 101 Peregrinos de Ponferrada en Maio!
Martín e Cela chegando a meta
Miguel Anxo escalando como Pantani a través da lama