O pasado domingo
cerrouse o ciclo do I Campionato de BTT de Compostela coa II Compostela BTT, de
diferentes distancias que ían dos 40 aos 100 km. Tamén se celebraría o I
Compostrail, de 24 km, compartindo parte dos percorridos das BTT.
O perfil da ruta, quizais mais "suave" respecto o do ano pasado, cun par de puntos compricados, e un par de baixadas con perigo.
A saída, dende o
Campus Sur, ao carón da carballeira de San Lourenzo, estaba prevista para as 9
h. da mañá, e a pesar de que o día era climatoloxicamente bo, facía fresquiño. Por
alí estarían Martín Rey, J. Carlos Buján e Miguel Nogueira representando á
sección de BTT. Visitaríaos o xefe de filas, Jorge Cela para presentar a mostra
da camisola oficial da sección, que por razóns de talla portaría Miguel
Nogueira. Noutras filas para a BTT, pero tamén do club, estaría Mark Losada,
que iría moi axeito na marcha curta co seu afillado Nacho.
Na BTT Martín e
Miguel optarían pola marcha corta, que resultaría de 45 km e Buján a longa,
próxima aos 100 km. A corta era bastante levadía en canto a dureza e nivel
técnico, con abundantes avituallamentos e bastante ben sinalizada, aínda que
había zonas que se non se estaba atento podería levar a confusións.
Miguel Anxo baixando a toda velocidade.
No track
pódense ver ben as zonas polas que se pasaba, case todas elas pola contorna do
Monte Pedroso. A longa tiraba máis cara o río Tambre e tamén recibiu boas
valoracións por parte dos ciclistas, pero mellorable no tema de apoios e
avituallamentos na segunda metade.
Aquí Buján afrontando a ruta de 100km
Bo sabor de boca
para os nosos, con resultados diversos, pero con gañas de repetir (polo menos
os da BTT), en gozando, en especial, coa comida final entre boa parte do equipo
no Monte da Condesa.
Agora só toca
esperar pola clasificación da regularidade no campionato, se é que a publican.
Martin Rey "Puritos" enfilando a curva.
Próxima
cita, II BTT do Concello de O Pino o 15 de Xuño co equipo o completo.
O club tamén tería representación no trail con Jorge García (2º absoluto e 1º na categoría) e Fran Méndez. Nesta modalidade a organización tería grandes erros que farían que os atletas non tivesen avituallamento nos 27 km que tivo a carreira ao final (por se era pouco). A propia empresa organizadora remataría devolvendo parte dos cartos da inscricións para tratar de compensar.
Compartindo podio con Pedro Nimo!