Ruta celebrada o pasado domingo 15 de Xuño no Concello de O Pino, onde o equipo de BTT do Noitebra asistiu o completo, Miguel Anxo, Fernando, Martín Rey, Carlos Buján (nova fichaxe), Jorge Cela e o compañeiro Oscar Valle.
O percorrido transcorría polos arredores de Pedrouzo, chegando ata Lavacolla e Castrofeito, e aproveitando moitos tramos do Camiño de Santiago durante a ruta.
En total uns 41-42 km (inda que o meu contaquilómetros deume una par de km máis dos previstos), cuns 700 metros de desnivel acumulado que facían previr unha ruta sen moitos problemas.
Martín e Fer, de vermello, na saída
Daba comezo a ruta puntual as 10:00 da mañá diante do pabillón de Pedrouzo comezando cun pequeno rodeo polo pobo antes de adentrarnos no monte, os primeiros km sen moita dificultade salvo un par de charcos de bo tamaño e algo de lama, pero en xeral pistas moi rodadoras en anchas por donde meterlle tralla a bicicleta sen moito problema, salvo a o "problema" de ter que esquivar peregrinos nestes primeiros compases da ruta.
Buján destacándose xa dende o inicio da ruta
Arredor do kilómetro 18-19 comezaba a parte dura da carreira, coa subida máis forte da ruta, á cal se sumaba o calor que comezaba a apretar bastante, ascensión longa e con bastante desnivel ademáis de moitos repeitos que esixían moito ás pernas, enlazando despois cunha zona con moito sube-baixa xusto antes de chegar o avituallamento, onde tras unha breve paradiña, (quizais o único punto negativo da ruta por ser algo escaso), afrontabamos a segunda metade da proba cun perfil con moito sube e baixa, pero máis asequible e con algúns descensos rápidos e subidas longas, pero de pouco desnivel.
Miguel Anxo afrontando a parte dura da carreira
En resumen, unha ruta sen moita dificultade técnica, e cunha dureza bastante asequible, persoalmente contento co tempo realizado (3:19) e acabar coa sensación de ter podido forzar máis, pero tras un mes de ausencia pensaba que rondaría as 4 horas e deixoume bo sabor de boca.
Chegando a meta cun sorriso na cara!
O vindeiro día 21 de xuño asisterei no Concello de Touro a V Ruta BTT Río Ulla, cun recorrido de 40 km e 1.400 m de desnivel acumulado, promete ser dura!