sábado, 27 de setembro de 2014

III Ruta BTT Río Tambre


Ruta celebrada o pasado 14 de Setembro polos arredores de Brión, onde asistiron os Noitebros Martín e Jorge. 




Segunda vez que asistiamos a proba logo da boa experencia do ano pasado, o recorrido era practicamente o mesmo, e tiñamos ante nos unha ruta de 45km cun perfil non moi duro nin complicado, pero que logo dun verano de non andar moito coa bici notaríanse a falta de km nas pernas

Comezabámola proba puntualmente as 9.00 da maña cunha lixeira chuvia, saída a ritmo tranquilo e xa nas primeiras subidas sufrindo os primeiros tapóns e xa de primeiras unha caída por intentar esquivar a xente que ía andando que me deixou a perna bastante tocada para o resto da proba.


A ruta ata os primeiro avituallamento (km. 20) sen moito problema salvo polo "diluvio" que caeu e que facía imposible ver o camiño e controlar a bici nas baixadas, e sobre todo restaba toda adherencia posible as rodas para afrontalas subidas.

Tras o diluvio chegaron os problemas mecánicos, por culpa da lama eu quedei sen freo traseiro, e Martín sen o dianteiro o que nos fixo afrontar os últimos km de baixadas con máis xeito do normal para non acabar probando o chao.


En canto os tempos, non conseguimos baixar das 4 horas coma o ano pasado, pero tendo en conta o clima e os problemas coa bici, sumado o pouco entreno...non podíamos esperar moito máis.


Instagram

Patrocinadores

Arquivo