Por segundo ano consecutivo o Noitebra F.C. (novamente Jorge Cela en solitario) achegábase a terras ourensás para desfrutar da IV edición da ruta organizada polo A.D.C. Os Mosqueteiros.
Este ano había dúas opcións de ruta, corta duns 30 km e a larga que según o My Tracks foron case 48 km o final, como vemos no perfil, o final uns 1300m acumulados esperaban as miñas pernas.
Comezabao día a primeira hora camiño a Carballiño, e tras aparcar e recoller o dorsal, preparar bici e mochila, situabame na meta, onde, con puntualidade, as 9.30 comezaba a ruta cuns primeiros quilómetros neutralizados ata adentrarnos definitivamente no monte, as chuvias do día anterior deixaron a terra nun estado de perfecto o que axudou nas baixadas sobretodo.
Primeros quilómetros rápidos de sube e baixa sen moita dificultade, pero a partir do 5º km comezaba a que sería a primeira subida seria, que daría paso a unha boa zona rodadora ata chegar o punto máis alto da ruta o redor do 19º km.
Aquí esperabanos a primeira gran trialeira, unha das novidades da edición deste ano, onde os freos, pernas e brazos tiveron que traballar sen parar, tamen aproveito para destacar os novos camiños escollidos, simplemente espectaculares.
A partir de aquí comezaría sección "rompernas" da ruta, pero mantendo un bo ritmo, incluso dobrando a xente da ruta corta, e sen rastro de molestias nin calambres das últimas rutas (xa era hora!)
Trala última gran subida no 35º km afrontábase de novo unha baixada espectacular, e a partires de aquí, uns últimos 10 km suaves cun pouco de sube e baixa, onde trala chegada a meta esperábame un pequeno bocata de lomo recién feito! (e unha ducha de auga conxelada).
Destacar dende aquí a labor dos compañeiros do A.D.C. Os Mosqueteiros, tanto polo nivel da ruta, o nivel dos avituallamentos e a organización de todo o evento, un 10 pra eles!
Non era unha proba cronometrada, pero levoune arredor de 4 horas e 15 minutos finalizada según o meu mobil.
E agredecer o A.D.C. Os Mosqueteiros que a pesar de non poder asistir o sorteo, vanme enviar de todolos xeitos a multiferramenta que gañei! Un 10 pra eles!