xoves, 23 de outubro de 2014

Atletismo: Renovacións e altas tempada 2014-2015


Carreira da Amaia 2014, Brión. Foto: Jorge García

Un ano máis una tempada remata e outra comeza, e así, con esta, xa será a 7ª na sección de atletismo do Noitebra F.C.

Como sempre, toca iniciar o proceso de renovacións e altas. Indo por partes, querémonos centrar nas renovacións para a tempada 2014-2015, polo que comunicamos a todos os nos@s atletas con licenza federativa en vigor (tempada 2013-2014, que remata a 31 de outubro) que dende mañá xoves día 23 de outubro, ben a través do mail noitebrafc@gmail.com,  a través do grupo de Whtasapp da sección, a través do grupo do Facebook da sección, ou directamente na tenda 39 Segundos (Pontepedriña), teredes que confirmar a vosa intención de renovar una tempada máis connosco.


En canto ás cuotas a abonar, dependerá de cada caso, en función do regulamento que temos da tempada 2013-2014 e que se publicou en diferentes ocasións no grupo do Facebook. Con todo, hai poucos días, deseñouse e publicouse no grupo do Facebook e no grupo do Whatsapp da sección un cuestionario abreviado para facilitar a comprobación dos criterios por parte de cada atleta. En función do resultado que se obteña en dito cuestionario, cada atleta deberá abonar o antes posible a cantidade que lle corresponda na tenda 39 segundos. Se alguén non está de acordo co que lle corresponde,  que contacte directamente con Miguel Nogueira, tesoureiro do club.

Así mesmo, lembrade que as cuotas de socios desta tempada que vai rematar (2013-2014), nalgúns casos foron bonificadas en parte ou totalmente tras aplicar bonificacións da tempada 2012-2013 que non puideron ser canxeadas por regalos no seu momento (trofeos, nº significativo de carreiras…, pero, ollo, non desta tempada, senón da pasada).

O prazo de renovacións estará aberto de forma indefinida, pero é imprescindible, polo menos ter a notificación da vosa continuidade antes da Carreira Popular  de Negreira (o prazo de inscrición remata o mércores 5 de novembro ás 22 h.), que será a primeira convocatoria oficial do club para a tempada 2014-2015, onde precisaremos mínimo 10 atletas para puntuar por equipos. Ademais, se xuntamos 20 atletas ou máis en calquera categoría, corresponderanos una subvención de 3 euros por atleta.

NON DEIXEDES PARA O ÚLTIMO DÍA A CONFIRMACIÓN DA VOSA RENOVACIÓN, POR FAVOR!!

En canto ás novas altas, tramitáranse ben por mail (noitebrafc@gmail.com) ou na tenda 39 Segundos, sendo necesaria ademais unha foto carnet dixitalizada do/a atleta. O tema das cuotas de novo ingreso no club trataranse directamente co tesoureiro Miguel Nogueira. Entre as grades vantaxes de federarse cabe salientar:
·    Adestramentos en grupo no Estadio de San Lázaro.
·    Compartir viaxes aos lugares das competicións.
·    Vantaxes ofrecidas polos patrocinadores e colaboradores.
·    Vantaxes na adquisición de equipacións deportivas do club.
·    Participación, en moitos casos gratuíta, en eventos e campionatos exclusivos para federados:
-    Probas en ruta (milla, 5 km, 10 km, Medio Maratón, Maratón).
-  Cross (curto e longo).
-  Campionato de Montaña.
-  Probas de pista ao aire libre e pista cuberta (campionatos, eventos, control de marcas).
- Posibles descontos a federados en inscricións en probas incluídas no calendario da Federación galega de Atletismo.

Unha tempada máis contamos convosco para formar parte da nosa familia sociodeportiva!!!

A directiva e os responsables da sección de atletismo do Noitebra F.C.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo