A sección de BTT do club segue en acción unha fin de semana máis. Ata Outes se desprazarían Jorge Cela, Martín Rey e Miguel Nogueira para participar pola marcha organizada polo Concello de Outes e o CC. Revoltas. Rutas de 38 e 46 km a escoller, con perfiles, de entrada, respectables, como así resultou na práctica. Iso si, paisaxes moi fermosos a pesar do terreo esvaradío en moitas zonas de baixada, o cal lle daba un pouco de “emoción” por evitar caídas, que has houbo entre os nosos.
Ata o carallo de subir. Foto: CC. Revoltas |
Madrugón de
domingo. Ás 7:30 h. Martín Rey conduciría a expedición a Outes poñendo a
disposición do club a súa furgoneta. Chegada e recollida de dorsais no pavillón, e
quentamento logo polas rúas do pobo para evitar oes efectos da fresca a esas primeiras
horas da mañá.
Moita xente de
case que todos os lugares de Galicia estivo alí presente (case douscentos
ciclistas), saíndo sobre as 9 h. A bo ritmo polas rúas e estradas da zona
durante os primeiros quilómetros, o cal imprimiría certo ritmo xa de entrada
pola facilidade do perfil e terreo.
Cedo viría a
entrada xa no monte, pero por camiños moi ciclables inda sendo subida en
bastantes tramos iniciais. Zonas de paso vertixinoso polo medio dalgunha aldea;
paso delicado polo paseo da praia de Broña, con zonas de musgo moi esvaradías,
pero divertidas. E logo a subir, e subir e subir a un dos montes da zona. Primeiro
fácil por asfalto e logo complicándose pouco a pouco a pouco (ou moito a
moito...), con algún avituallamento e pequenas baixadas intermedias.
Rapás, dáme un plátano, oh! Foto: CC. Revoltas |
Pronto viría o
punto de corte alá polo quilómetro 19, e aquí os nosos tomarían decisións
diferentes; Miguel, por comezar a notar sobrecargas musculares que rematarían
en cambras a partir do quilómetro 25; e Jorge Cela por non ter un día dos
mellores, optarían pola ruta corta que se iría entrelazando con parte da longa
ate o final. Ruta corta que lonxe de afrouxar na súa dificultade técnica,
parecía que estaba bastante sucia, e con bastante auga por zonas rochosas, etc., o
cal facía perigoso baixar. Así, tanto Miguel como Cela sufrirían caídas sen
maior consecuencia, pero que sumadas ao cansazo amargaban un pouco a marcha.
Martín optaría pola ruta longa. Vese que o feito de facer o Camiño Primitivo de
Santiago a semana anterior lle dera fondo e moito ánimo para afrontar novos retos. Con todo, nun dos últimos cortes
longa-corta decidiu ir pola corta ao notar xa certa dificultade para levar bo
ritmo nas subidas. Así e todo, bravo logo do esforzo acumulado nas últimas semanas.
Perfís:
- Corta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8001585
- Longa: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8001514
Había boas vistas. A cuestión era velas. Foto: CC. Revoltas |
Martín Rey. Foto: CC. Revoltas |
Chegada preciosa
polo paseo do río entrando no pobo. Miguel máis só ca unha por ir na dianteira
dos da ruta corta, con cambras a punta pala e con medo a errar no camiño a
seguir. De feito, tivo dúas ou tres confusións das que ademais de sumar tempo e
metros, minaban a moral (baixar por onde non era, etc.). Meta outra vez no
pavillón logo de 38 km e 2h 40 min. (e un logo pico polas confusións) xunto con outro beteteiro
que viña cerca; ...e case ninguén esperaba alí. Bueno, seica si, pero en plan “que
pronto chegades”, polo que as indicacións sobre as duchas, lavado de bicis... e
avituallamento final eran máis ben escasas (case que había que buscarse a
vida... pero todo é perdoable).
Jorge Cela. Foto: CC. Revoltas |
Máis ou menos
unha horiña máis tarde chegaría Cela, bastante queimado polas caídas e en xeral
polas malas sensacións. Uns 15 minutos despois chegaría xa Martín que non
chegou a completar os 46 km oficiais, pero chegou ben animado, síntoma da súa
mellora no estado de forma.
Baixada de Jorge Cela. Foto: CC. Revoltas |
Lavado de bicis
(custaba quitar o barro peghañento propio do lugar), ducha semi-quente e moi
boa comida no pavillón (garbanzada, paella, tortilla... acompañado de bebidas
varias).
E de volta para
Santiago xa sen facer parada técnica no Kratos por se andaban por alí os
compañeiros do atletismo que estiveran competindo esa mesma mañá en
Bertamiráns. Xa era bastante tarde. Como anécdota da volta pola autovía,
colárase un can dunhas paisanas na estrada e estaba a Garda Civil cortando o
paso polas zonas por onde o can andaba á súa bola sen facerlle caso a ninguén.
Pista "limpa" e "rodadora" polo monte |
En definitiva,
boa ruta, pero para nós dura e non como a pintaban. O mellor, o
final, en todos os sentidos.
Esta fin de
semana teremos representación na BTT de Cambre. Miguel Nogueira enlazará dúas
semanas consecutivas con marchas. Neste caso cunha do calendario galego da FGC
que promete non defraudar.
Que a actividade
do club non pare!
Fotos da BTT de Outes (CC. Revoltas):
- https://picasaweb.google.com/113845838620435150274/ASERRA2014JOSEMANUEL?authkey=Gv1sRgCLLspauJ1tzraw