Moitas novas no club e en especial na sección de atletismo que vos resumimos a continuación neste “boletín” do mes de novembro.
En primeiro lugar anunciar que a club foille concedida unha axuda económica de 2.068,24 euros concedida polo Concello de Santiago pola actividade federada do ano 2014. Sen esta axuda o club tería complicado o seu normal funcionamento nos tempos que corren, polo que nos amosamos moi agradecidos, comprometéndonos á realización dunha xestión plenamente responsable.
Noitebra F.C. equipo federado gañador do CorreSan 2014. Foto: Juanma. |
En primeiro lugar anunciar que a club foille concedida unha axuda económica de 2.068,24 euros concedida polo Concello de Santiago pola actividade federada do ano 2014. Sen esta axuda o club tería complicado o seu normal funcionamento nos tempos que corren, polo que nos amosamos moi agradecidos, comprometéndonos á realización dunha xestión plenamente responsable.
No plano deportivo, a sección de ciclismo está pechando a súa primeira tempada federada participando activamente en diferentes eventos de carácter federado como foron ultimamente a BTT de Cambre ou a odisea dea BTT de Valga, entre auga e barro, moito barro. Sección que irá ampliando efectivos, esperando completar un equipo duns 10 ciclistas para a tempada 2015, e con grandes retos por diante que xa vos iremos contando.
Puri gañadora do CorreSan 2014. Foto: Juanma |
Tampouco esquecemos aos todo-terreo que fixeron quilómetros e máis quilómetros, como Fran Méndez, Nacho Liñares, Fernando Antelo, Manolo Moure e un longo etcétera de atletas que levaron con orgullo a nosa camiseta laranxa xa tan recoñecida polos atletas populares que tanto nos teñen acompañado ao berro de “vamos Noitebra”.
No plano colectivo, non foi menos, con podios en carreiras como a de Lestedo, Ferreirúa, Ordes, Noia... e como non, co primeiro posto no CorreSan por terceiro ano consecutivo, sen que moitos dos nosos rivais o puidesen esperar. Pero é que o noso equipo, sen ser elite (nin aspira a selo pola filosofía do club), cando se pon, o dá todo e sen que dende a directiva se force a nada. Esa é a clave do noso éxito. A humildade e a ilusión. Un equipo de atletismo que seguramente é o máis modesto de todos os de Santiago de Compostela, sen estrutura técnico-deportiva, sen canteira, sen figuras... pero aquí esta para facer que os demais se poñan as pilas e melloremos todos en conxunto.
As guindas ao pastel (porque son varias), as temos recentemente no 3º posto do noso equipo masculino no II Circuíto de Carreiras da Deputación de A Coruña, que consolidamos con ansiado 3º posto por clubs logrado na pasada Carreira Popular de Negreira.
Un ano incrible, como vedes, e que sen o esforzo desinteresado dos e das nosas atletas non sería posible. Mil grazas!!!
Nesta nova tempada que estamos empezando toca despedir a algunha xente que se toma un respiro, como é o caso das nosas rapazas Shaila (a que foi a nosa primeira muller da sección) e Ángeles, ás cales lle estamos moi agradecidos por representarnos en mil batallas e subir ao podio coas nosas cores en moitas ocasións. Queda a porta aberta para o voso retorno cando queirades. Agradecer tamén aos que por uns ou outros motivos non puideron renovar dicíndolles o mesmos que ás nosas rapazas.
E continuamos co proceso de renovación e novas altas federativas, estando xa moi preto de pechar o equipo. Por agora, damos a benvida aos atletas Ricardo Iglesias (por fin), José María Rodríguez (si, xa temos enchufe na SD Compostela, jeje), Ricardo Villar o escolar Lucas García e o retorno dun atleta fundador, Gonzalo Sanmartín, que forma parte tamén dos patrocinadores do club, con Lau Creaciones. Agradecer tamén o apoio do restaurante Kratos, que ademais de darnos ben de comer cando imos por alí, nos achega o seu patrocinio esta tempada.
Como vedes, o club sigue a pleno rendemento, sen descanso entre tempada e tempada, iniciando una máis, camiño cara, nada máis e nada menos que, o noso 15 aniversario, e para o cal teremos cousas preparadas. Permanecede atentos/as.
Ata o próximo boletín!
A Xunta Directiva