O Noitebra F.C. e a Federación Galega de Atletismo, organizan, en colaboración co Concello de Santiago, Cruz Vermella e Protección Civil, o Trail de Compostela, incluído dentro do programa de celebracións do 15º aniversario do club.
Ademais, coa proba tamén se disputará o Campionato de Galicia de Trail (FGA).
Información clave:
- Data: domingo 15 de marzo de 2015
- Hora: 10:30 h.
- Lugar: Granxa do Xesto, Monte Pedroso, Santiago de Compostela
- Distancia: 17,5 Qm.
- Inscricións para o Trail: carreirasgalegas.com
- Prezo da inscrición (indispensable para optar aos trofeos e premios do Trail "popular"): 9 €
- Inscricións para o Campionato de Galicia: plataforma RFEA
- Regulamento completo: descarga dende aquí
- Circular do Campionato: cando se publique
- Información actualizada da proba: Twitter do Noitebra F.C., Facebook do Noitebra F.C., o evento en Facebook e Correr en Galicia
- Mail de contacto: noitebrafc@gmail.com