Celebración do 5º aniversario |
27 de maio de 2000. Xa pasaron 15 anos desde aquela tarde de maio na que
quedamos na miña casa para pechar definitivamente o noso proxecto de ter equipo
de fútbol (ver reseña da historia do club neste link).
Podería contar mil historias do equipo, pero agora á mente véñenme dúas
persoas ás que botamos de menos, e que nos apoiaron moito para que puideramos
primeiro arrincar e logo manternos. Son Pepe Uriarte e Alejandro Gómez-Ulla. Claro
está que un equipo que leva tantos anos non é casualidade, e todo é grazas aos
nosos familiares, AMIGOS, á federación, Concello de Santiago, patrocinadores,
adestradores e un larguísimo etcétera, que traballaron moitísimo sen recibir nada a
cambio.
Histórica final da Copa de Santiago |
O que comezou sendo un equipo de fútbol, creceu co atletismo (de maneira
incrible e inimaxinable) grazas a Miguel e todos os amigos e patrocinadores que
se foron unindo a este novo proxecto no ano 2007 e posteriormente no 2013 coa
sección de BTT.
O gran valor do Noitebra é a amizade e o deporte. Recibimos e seguimos
recibindo moitas axudas; ademais da económica, está a dos amigos que dedican o
seu tempo e traballo para facer non só que o Club siga existindo, senón que
cada ano creza un pouco máis a pesar das dificultades que van aparecendo.
Síntome moi afortunado de formar parte do Noitebra convosco e de coñecer a tantos amigos e amigas que fan que todo mereza máis a pena. Grazas!!!
Non me quero estender máis xa. No que queda de ano faremos o imposible para
poder xuntarnos e celebrar este 15º Aniversario e seguir en contacto.
Manterémosvos informados.
José Ramón Bermúdez Bobillo
Presidente do Noitebra F.C. dende o ano 2000