De éxito rotundo
se pode calificar a resposta á convocatoria feita polo presi do equipo, Pepe
Bermúdez, para o gran reencontro que prometía ser o do equipo de fútbol do Noitebra
F.C. Máis de corenta persoas, entre xogadores do equipo veterano, ex-xogadores
e adestradores das 13 tempadas federadas do equipo, déronse cita no campo de fútbol
de Brión a tarde do sábado día 13 de xuño, que ficará xa na memoria de todos.
Noitebra F.C. 2015 |
Bermúdez xunto a Jorge, primeiro adestrador da hª do Noitebra |
Moitos anos levan
pasado xa, e o legado fotográfico ten gravado o inexorable paso do tempo en todos
nós (para ben ou para non tan ben...). Pero non importaba. Este sábado todos volvíamos
ser aqueles rapaces que domingo a domingo saltabamos aos campiños de Santiago
adiante para defender as cores do Noitebra. Nesta ocasión, ante o éxito de
participación de noitebros, a modalidade escollida para a celebración foi un
pequeno torneo de catro equipos de fútbol 7 (ou 8) no que todos gozaron e o
puxeron todo no campo (case daba gañas de volver montar a sección de fútbol
11). Pero a moitos tamén se lles fixo moi longo... e logo se pedía á hora. Con
todo, as risas, o bo humor e colegueo estiveron presentes, coma sempre. E o
mellor de todo, sen lesións!!
Nin o clima logrou
augar a festa, que se prolongaría nunha sesión nocturna de pinchos no Bar de
Pais, á que se sumaron algúns que non puideran vir ao torneo (Adolfo, Luis
Guerra...), e que dou abondo para confraternizar, saber uns doutros, xa que
moitos non nos viamos dende había moito, e, sobre todo, para contar aquelas
míticas “batallas” de cando compartiamos camisola no campo. Ai!! Síntoma de que
imos indo vellos, pero no fondo o sentimento polo Noitebra fainos eternamente mozos.
Para o recordo, tedes as fotos do torneo no álbum Picasa do Club, accesible dende a cabeceira deste blog ou neste link.
E tamén pequenos
vídeos dalgúns momentos do torneo no canal do Club en Youtube, tamén
accesible dende a cabeceira do blog ou dende este link.
Forza Noitebra!!