Semanas despois de terse celebrado o II Trail de Compostela, e logo de rematar tarefas pendentes de limpeza do percorrido, compartir valoracións, etc., chega a hora de pechar definitivamente esta edición cun capítulo final de agradecementos.
Moitas e moitos foron os que nos axudaron a levar isto adiante, tratando de facelo con xeito, cariño e procurando evitar erros propios e forzados, inda que sempre remata por habendo cabos soltos. Con todo, valoramos positivamente o resultado do trail e carreira escolar organizados na Granxa do Xesto. Para un club pequeno e modesto coma o noso resulta un tremendo desafío, xa que non dispoñemos dos medios nin dos apoios que teñen outras entidades, pero o compensamos con vontade e dedicación.
Para finalizar, deixámosvos un novo vídeo que resume este "capítulo final". Coma sempre, seguro que nos queda alguén por citar, pero...
Grazas a tod@s!!
Vídeo final
Fotos
- Xaime Cortizo: http://www.xaimecortizo.com/ii-trail-de-compostela-circuito-cumes-de-compostela/
- Fátima Seijo: https://goo.gl/photos/6HpRgwRYsXVX9NeFA
- Manuel Alonso: https://goo.gl/photos/X3AL5CxxcwinDw457
- María Flores: https://www.facebook.com/maria.flores.56884761/media_set?set=a.10205969028171397.1073741846.1430924802&type=3