A rede social que conforma o Noitebra F.C. (federad@s, directiv@s , federad@s, directic@s, soci@s, amig@s, simpatizantes...), colaborarán e participarán na II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple, organizada pola ACEM.
O evento terá lugar na Residencia Universitaria da USC, en Santiago de Compostela, a mañá do domingo 29 e maio (dende as 11 h.).
Facemos chamamento para que vos animedes a participar, sexa presencialmente correndo ou camiñando, ou ben por medio do Dorsal 0.
Información de interese
- Díptico informativo sobre a EM e a ACEM: ver aquí
- Prezo da inscrición solidaria: 5 euros
- Lugar de inscrición: carreirasgalegas.com (tamén en Abanca e La Caixa-ver regulamento-)
- Premiacións nas carreiras: individuais e por equipos federados e non federados
- Regulamento: ver aquí
- Máis información: Facebook do Noitebra F.C. e invitación ao evento