sábado, 21 de abril de 2018

Aprobados novos Estatutos do Club e Regulamento de Réxime Interno da sección de atletismo do Noitebra

O 20 de abril de 2018 procedeuse á aprobación en Asemblea Xeral Extraordinaria dos novos Estatutos do Noitebra Fútbol Club, logo dun longo percorrido e grazas ao apoio e asesoramento da letrada Antía Comesaña, tamén compañeira do club, así como o doutros socios e directivos da nosa entidade.

Como novidades, ademais da modificación oficial da sede social, atópanse a creación de novas seccións deportivas, como son Montañismo e Tríatlon, a incorporación dun artigo regulador da imaxe identitaria do club, a inclusión da figura do socio protector e a consideración das figuras das vicepresidencias e as súas funcións na composición da Xunta Directiva, entre outras modificacións ordinarias co obxecto de mellorar o texto e regulación do club.

Pode accederse ao texto completo nesta sección: Estatutos do Club

Así mesmo, como punto específico, abordouse a aprobación do Regulamento de Réxime Interno da sección de atletismo, nestes momentos a de maior peso no club, e que se viña desenvolvendo con normas oficiosas administradas pola xunta directiva en funcións. Dito Regulamento recolle moitos aspectos que foron froito da xa dilatada traxectoria organiza da sección, xunto con novos aspectos que foron xurdindo do día a día, asi como a consideración das demandas de socios/as do club e deportistas da sección.

Pode accederse ao texto completo nesta sección: Regulamento de Réxime Interno

Con todo este proceso, aínda por certificar por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, dase por concluido o proceso interno levado a cabo dende o último trimestre do ano 2015, que nin moito menos resultou fácil pola propia idiosincrasia do Noitebra F.C.
Con todo, continuarse traballando para mellorar a xestión na medida das posibilidades dun club tan modesto coma o noso.


A Directiva do Noitebra F.C.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo