luns, 30 de marzo de 2009

Jornada 29: A Gracia 2 - Noitebra 0


A GRACIA 2 - NOITEBRA 0


Nueva derrota del Noitebra en la tarde del sábado.


Crónica extraída del blog de los amigos del A Gracia:

Victoria clara de A Gracia, sobre un Noitebra moi frouxo. Ambos equipos presentaban alineacións moi condicionadas polas baixas, o Noitebra só deu xuntado once xogadores, e non todos ao 100%, no caso de A Gracia, dispondría de dous recambios. Teira, repetiu esquema novamente (4-4-2) con Óscar en portería; Juanma, Suso, Luis e Moro en defensa; Pichi e Abel no medio con Novais e Carlos nas bandas; e como homes máis adiantados Capillo e Souto na dianteira.

O partido foi dominado de principio a fin por A Gracia, ainda que durante a primeira metade, o Noitebra crearía algunhas ocasións, que Óscar solventaría sen maior dificultade. Na defensa destacaba a reaparición de Suso todavía en fase de recuperación, pero xa contando novamente con minutos de xogo. Destacar a un gran Carlos, que fixo un gran encontro, creando numerosas xogadas de calidade. Ainda así, na primeira metade, non se movería o marcador, indo ao descanso con empate a cero.

Na segunda metade, sairía Suso por precaución entrando no seu lugar Diego; polo que habería que mover varias posicións no campo, así pois Diego colocaríase na dianteira con Capillo, Souto retrasaríase á posición de Pichi, para xogar no medio con Abel, mentres que Pichi xogaría a segunda metade de defensa central. Se na primeira metade A Gracia dominaba o encontro, na reanudación este dominio intensificaríase ainda máis, sendo A Gracia o único equipo que loitaba pola victoria. Numerosas ocasións tería tanto Capillo, como Diego, unha delas moi clara, e mesmo Souto, pero sen sorte. O tempo pasaba e o marcador seguía nun inamovible, 0-0.

Na metade do segundo tempo entraría Moure por Novais. Moure que tamén viña de lesión deixou bos detalles no terreo de xogo. O 1-0 chegaría quizáis na ocasión menos clara do encontro, nunha xogada con certa picardía, Souto aproveitaríase dun descoido defensivo chegando con rapidez desde a banda para roubarlle o balón á defensa visitante e impoñe-lo xusto 1-0. A lóxica impoñíase. A Gracia, pese á vantaxe no marcador mantería a mesma intensidade, sen deixar ao Noitebra crear xogadas de perigo. O segundo gol chegaría tras un dobre rechace; O primeiro lanzamento sería de Capillo cortado polo porteiro, o rechace caería aos pes de Moure rechazandolle un defensa o seu lanzamento, e finalmente Diego remataría a porta marcando o seu sétimo gol da temporada.


Final do partido, A Gracia comeza ben esta recta final da temporada, mantendo o obxectivo dos 40 puntos.



Esperamos comentarios del partido.



CLASIFICACIÓN Y RESULTADOS (web El Correo Gallego-actualizado los lunes)






PRÓXIMA JORNADA


Será el domingo 5 de abril, a las 19:30 en As Cancelas contra el San Pedro


Resto de encuentros (Delegación de Fútbol de Santiago):

Patrocinadores

Arquivo