domingo, 27 de decembro de 2009

Ateltismo Noitebra: X Carreira Popular Pontecesures

Popular de Pontecesures: moita participación de atletas nesta carreira xa clásica do Nadal

A pesar de estar nunhas datas tan festivas, os afeccionados ao atletismo seguen acudindo en grande número ás carreiras populares de Galicia, e un exemplo disto é a carreira de Pontecesures, que ano a ano está a incrementar a súa participación.
A citada carreira, duns 4700 metros nun circuíto rápido que transcorre polo paseo do embarcadoiro e subida ao campo de fútbol, disputada este sábado pola tarde, foi punto de encontro de moitos coñecidos e amigos. Por parte do Noitebra participaron Félix, Pepe, Nacho, Jaime e Miguel, xunto a amigos como Marcos (SADEGA), Gonzalo, Martín, Fleky, Nacho Calvo… e un longo etc. de compañeiros de adestramento e carreiras.
Coma sempre nesta carreira, saída a fume de carozo, onde non conviña estar frío ou en malas condicións para non pagalo caro, como así lle sucedeu ao bo de Miguel Carrillo (veterano de elite). Como xa temos comentado, nestas carreiras “cortas” o ritmo elévase ao extremo, e pasarse de voltas pode conlevar un afundimento aínda sendo menos de 5 km.
O mellor de todo é a recibimento en meta (na rúa principal) con toda a xente esperando para aplaudir aos corredores. Lugar onde nos esperaba o agasallo dunha coca-cola e a respectiva camiseta conmemorativa da carreira.
Os nosos tempo, variados coma sempre, e positivos por parte de todos, rematando con boas sensacións e cumprindo obxectivos. Destacar en especial a boa carreira de Fleky, e a confirmación da recuperación de Martín, que cada día van a máis.


Próximas carreiras:

E xa sen tempo para case adestrar, o 30 de decembro espéranos unha carreira festiva non oficial na Alameda de Santiago, con saída ás 21.00h. dende a Porta dos Leóns, para recorrer uns 6km. Estades todos/as invitados a vis celebrar connosco o fin de ano.

Xa ao día seguinte (31) o Noitebra participará na San Silvestre de Noia, que terá a súa saída ás 17.00h. A carreira, xa tradicional non nosos calendario, se celebrará nun circuíto urbano duns 3200 metros.

E por si era pouco, o primeiro de ano (1), trataremos de repetir a nosa participación na Subida ao Iroite (carreira cuasioficial), que partirá de Moimenta ás 11.00h. para facer algo máis de 9 km dos cales 8 son de subida.


Circuíto e Perfil Pontecesures:

Perfil



Circuito




Resultados:

Resultados oficiais



Fotos da carreira:

Grazas a nirvioso (Correr en Galicia):

Martín e Fleky par a par

Miguel

Jaime

Nacho


Gonzalo

Pepe

Félix


Marcos (SADEGA), de azul claro




Fotos por xentileza de moses (Correr en Galicia):











Patrocinadores

Arquivo