venres, 1 de xaneiro de 2010

Atletismo Noitebra: San Silvestre de Noia 2009

E chegou a primeira crónica do ano, iso si, facendo referencia á última carreira do ano, que unha vez máis foi para nós a San Silvestre de Noia onde nos dimos cita os noitebros Pepe, Nacho e Miguel xunto ao noso amigo Martín, e coma sempre coincidimos con moitos amigos e coñecidos como Nacho Calvo, Manuel, etc.

Participantes na San Silvestre de Noia 2009

Pódese dicir que a tarde respetounos xa que non choveu case nadiña antes, durante e despois da carreira, pero facíavos bastante frío (sobre 4 grados). A carreira, como noutras edicións, nun circuíto urbano marcado en 3.200 metros (ao final foron uns 3.400 m) onde saímos a fume de carozo e, igual que o ano pasado transcorría por un firme moi esvaradizo, pero daba o mesmo.
Ao final chegamos asfixiados coma se corrésemos 10 km, destacando o 9º posto de Martín e a tralla que lle dimos Miguel, Pepe e Nacho, non fose ser que rematasen co cava e os polvoróns que nos esperaban na meta. E así foi: despois de cambiar a roupa, sumámonos á pequena festa organizada na casa do Concello de Noia (que outros anos non puidemos desfrutar por ir facer o rodaxe ata Pontenafonso), onde sobre todo había cava para dar e tomar.
Sen dúbida, non podía ser outra a maneira de rematar o ano por parte do noso equipo, competindo, e especialmente, pasándoo ben entre bos amigos.

Dende a sección de atletismo e o club en xeral, feliz ano 2010 a todos os noitebros, amigos e visitantes do noso/voso blog.


Perfil da carreira:



Percorrido:

Patrocinadores

Arquivo