domingo, 14 de marzo de 2010

Atletismo: Carreira Solidaria por Haití (O Milladoiro)

Boa carreira a deste domingo no Milladoiro. O motivo ben valía a pena, e non era outro que solidarizarnos con Haití despois do grave terremoto sufrido. Con esta intención o Club MillaRaio organizou esta proba para recadar fondos que serían doados a unha ONG.

A mañá, en principio algo fría por culpa do vento, prometía, cun sol radiante, e con xa expectación dende as primeiras horas cando fomos retirar os dorsais e facer a nosa achega económica. Acudimos cedo para poder recoñecer o circuíto da carreira, de 5 km, repartido en dúas voltas sobre un perfil bastante duro pola zona do polígono empresarial e do pavillón polideportivo. Estivemos “recoñecendo” o terreo os noitebros Jonal, Fernando, Nacho e Miguel, se ben Nacho se retiraría por compromisos noutras actividades.

Pouco a pouco a xente foise achegando en importante número para participar dunha ou doutra forma, en carreiras ou camiñando, coa presenza tamén de xente coñecida do atletismo, como o internacional Pedro Nimo. Tamén acudiron moitos coñecidos do circuíto das carreiras populares de Galicia adiante, incluídos amigos como Martín, Gonzalo, Oliveira, Nacho Calvo e un longo etc. dos de sempre. Deste xeito o evento cobrou animación, especialmente cando ás 12 do mediodía deron a saída.

A carreira foi como se esperaba: curta, rápida e dura, e, sobre todo, un éxito. Agradecemos á organización a súa celebración, así como os agasallos para os participantes ao finalizar, o cal nos deixou un bo sabor de boca (nunca mellor dito).

En definitiva, boa carreira preto da casa na que ata puidemos compartir algúns momentos coa nosa xente do fútbol (entre o público) como Ronnie ou o xuvenil Estefan e familia, así como con outros vellos coñecidos do Noitebra como Mallo (iniciándose nesto do atletismo popular).



Clasificación:

Resultados oficiais aquí.

Os noitebros:



Circuíto da carreira:




Fotos:

Grazas a Flipi (Correr en Galicia):




Mallo

Patrocinadores

Arquivo