martes, 16 de marzo de 2010

Atletismo. Mala noticia: faleceu Julián Bernal

Os que levamos un tempo nesto do atletismo non nos resulta descoñecido o nome de Julián Bernal, atleta veteranísimo do circuito das carreiras de Galicia. Estábamos afeitos a atoparnos na prensa e foros cos seus enormes logros a pesar da súa idade (campionatos de España, do Mundo...). Pois hoxe atopamos nos medios a triste noticia do seu falecemento aos 91 anos de idade, cando apenas hai 10 días estaba a competir na Coruña.




Dende aquí queremos deixar o noso pesar pola grande perda para o noso atletismo e todo un exemplo a seguir.

D.E.P. Julián Bernal.


Noticias:

EL Correo Gallego

La Voz de Galicia

El Progreso

Federación Galega de Atletismo


Fío no foro Correr en Galicia


Patrocinadores

Arquivo