sábado, 3 de abril de 2010

Atletismo: XXXI Carreira da Pascoa de Padrón

De volta en Padrón: Carreira da Pascoa

Unas semanas despois de participar na carreira popular de Padrón, este sábado acudimos á Carreira da Pascoa nunha mañá algo pasada por auga, pero que non intimidou á xente para vestirse de corto e correr os 13.300 metros dos que constaba a proba.

Despois dunhas semanas sen competir, os noitebros retomamos a competición, nuns casos despois de gozar duns días de vacacións, noutros despois de recuperarnos de lesións… presentándonos en Padrón Jaime, Moncho, Pepe, Félix, Nacho, Manolo, Dani, e o noso amigo Fleky, compañeiro de viaxe.

Afortunadamente a saída foi puntual xa que non facía calor precisamente, e xa no circuíto fomos collendo o ritmo, especilamente o noso dúo dinámico, Pepe e Félix, encargados de deixar o listón do club no máis alto posible. Fixemos tamén un bo trío para unha rodaxe tranquila Miguel, Fleky e Gonzalo, ata que Fleky escachou na metade de carreira, tendo que vir camiñando o resto do percorrido (viña de correr o xoves a tope en Cacabelos). Por outra banda, Dani, Jaime e Moncho loitando por ter boas sensacións nunha carreira como esta que xa podemos considerar larga. Finalmente Manolo e Nacho fixeron tamén bo dúo para cando menos chegar entretidos ata o final.

E así chegamos á meta, con boas sensacións en xeral de cara á Vig-Bay, pero ao rematar, novamente frío e choiva, minimizados no meu caso grazas á presenza dos nosos socios, Toño e Gustavo, que ademais de animarnos, facilitáronme algo de roupa para entrar en calor.

A semana que vén toca o Medio Maratón Vigo-Nográn-Baiona.



Clasificacións:

Clasificación oficial neste link




Fotos da carreira:

Fotos grazas a linkinpark (Correr en Galicia):







Fotos por xentileza de moses (Correr en Galicia)














Máis grazas a mayucoira (Correr en Galicia)









Instagram

Patrocinadores

Arquivo