luns, 10 de maio de 2010

Atletismo: fin de semana total en O Pino, Ferreirúa e Cacheiras

A sección de atletismo tivo unha fin de semana intensa onde boa parte dos seus integrantes competiron e dobraron o sábado en Arca, O Pino, e o domingo en Ferreirúa (Pobra de Brollón) e en Cacheiras.


O sábado pola tarde tiñamos a cita grande do mes na VIII Carreira Pedestre Concello de O Pino onde, nunha tarde non moi boa para estar no mes de maio, nos citamos 10 compoñentes do equipo federado (Félix, Pepe, Manolo, Fernando-e o seu xabarín- Nacho, Jonal, Jaime, os irmáns Iglesias Torres e Miguel) e 3 amigos do club (Carlos, Alfonso e Marcos) que adoitan viaxar e competir co nome do Noitebra.

A carreira, con 8,9 km de distancia, como ben anticipamos, era de perfil quebrado, complicado pola choiva que deixou a subida do camiño de Santiago moi enlamada. Moita expectación a pesar do día con Félix como anfitrión que aspiraba a recoller premio entre os mellores de O Pino. No tocante á competición por equipos, difícil día para sacar proveito despois de coñecer que competiriamos con equipos bastante potentes a nivel de Galicia no atletismo popular.

Así, ás 20 h. arrincamos, e pronto puidemos comprobar as dificultades do circuíto en plena competición. Menos mal que o clima neste senso axudou, de tal xeito que practicamente non fixo falta avituallar durante a carreira (o ano pasado tivemos moita calor, e de forma inesperada). En canto aos resultados, a parte do equipo responsabilizada en lograr o mellor posto posible rendeu a bo nivel, facendo entre os catro primeiros menos de 300 puntos a pesar do grandísimo nivel de este ano (Penas, Robertas, Pena Holguín, Hassan Lekhili, Akka Essaadaqui, Barguiela…en homes, María Abel, Gestido, Paula Mayobre, Julia Baquero… entre as mulleres), que fixeron moi caros os postos altos na clasificación. Tamén destacamos o esforzo do resto do equipo onda cadanseu tiña diversas circunstancias que deixaron a un lado para facer labor de equipo (graciñas a todos).

A gran satisfacción déunola Félix co seu trofeo ao 3º posto entre os locais de O Pino polo cal nos alegramos e felicitamos no nome de todos os seus compañeiros e amigos do equipo.

Agradecer tamén a Iván, o responsable máximo da organización, pola dedicación e empeño por levar a cabo esta carreira a pesar das dificultades que ano a ano está a ter.


O domingo pola mañá participamos no IX Medio Maratón de Ferreirúa, con Jonal e Miguel como representación do Noitebra, xunto cos seus amigos do Atl. Milladoiro, Manolo, Lourdes e Fleky. Para o desprazamento ata Pobra do Broullón tivemos que facer un bo madrugón (saída ás 7.30 h.) e un longo camiño ata máis alá das terras dos Canóns do Sil, ata o pequeno pobo de Ferrierúa, moi comprometido coa organización desta media así como dunha carreira máis corta de algo máis de 9 km neste mesmo día.

Despois da longa viaxe, chegamos ó pequeno pobo onde todo era xentileza e dedicación de todos os veciños á organización da competición. Mesmo se daba o caso que case se duplicaba o nº de atletas en comparación co nº de veciños, que animaron constantemente ó longo do percorrido da carreira.
O clima non foi malo de todo, comparando co día anterior en O Pino, e así, á hora prevista (11.15 h.) partimos da saída para ver ata onde nos chegaban as forzas. O percorrido deste medio maratón (de dúas voltas e cuarto a un circuíto de pistas por pequenas aldeas, montes, ríos…, moi bonito) non era nada propicio para facer unha grande marca por mor das variacións constantes no perfil, e cuns últimos kilómetros demoledores para as pernas.





Circuito



Perfil

Na chegada, bo avituallamento, moi necesario xa que a xente chegaba moi castigada tras o esforzo. No obstante o mellor viría antes da entrega de premios con empanada, queixo e viño para todos os participantes e acompañantes.

Na entrega de premios, homenaxe a Alexandre Gómez, que ademais gañou a carreira, e no noso caso, trofeo para Lourdes polo 1º posto na súa categoría.

Sen dúbida recomendamos participar nesta carreira (na media ou na corta), xa que o lugar e a xente merecen a pena.


Tamén estivemos na VI Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, en Teo, con Nacho como representante do noso club. Ao parecer estivo un día de cans (vento e choiva) para correr no esixente percorrido da carreira.

Non houbo unha participación elevada, como é costume, debedo á coincidencia con outras carreiras o día anterior e tamén o domingo pola mañá, pero non deixa de ser unha carreira interesante, que os veciños organizan ano a ano con moita dedicación, e dando moitos premios aos participantes.

A continuación publicamos as clasificacións e fotos destas carreiras.




CLASIFICACIÓNS:

Clasificación de O Pino:

Oficial de Championchip aquí

Os nosos:
Por equipos aquí



Clasificación de Ferreirúa:

Oficial Championchip aquí

Os nosos:



Clasificación de Cacheiras:

Oficial aquí

Os nosos:

- Nacho: 12º na súa categoría, 41º na xeral (distancia real 7.700 m., tempo 37:21; 4:51/km)

Total de participantes que finalizaron: 66



FOTOS:

Fotos da carreira de O Pino:

Fotos de Miguel:







Grazas a Raquel:






Por xentileza de Flip (Correr en Galicia):


















Máis grazas a moses (Correr en Galicia):












Fotos de Ferreirúa:




Vídeos grazas a matogroso (Correr en Galicia) aquí



Fotos de Cacheiras:

Cando se publiquen

Instagram

Patrocinadores

Arquivo