martes, 4 de maio de 2010

Próxima carreira: VIII Carreira Pedestre Concello de O Pino

Esta semana, case todos os integrantes do equipo de atletismo participarán na carreira de O Pino, en Arca, o sábado 8 de maio a partir das 20.00 h. na súa categoría absoluta.

A carreira, que pasa por un tramo do Camiño de Santiago, consta de 3 voltas nun circuito esixente, pero moi atractivo.


Xa temos participado noutras ocasións, e así o ano pasado Félix conseguiu o trofeo polo seu terceiro posto na categoría de locais. Este ano traballará por manter o logro.


Nesta edición tamen competiremos por equipos (requisito minimo de 8 atletas federados por equipo), tratando de conseguir unha boa posición como ben fixeramos no seu día en Lestrove.

Sen dúbida é unha carreira que vale moito a pena, ben organizada, animada... e vos animamos a participar. A data límite para realizar inscricións é este xoves día 6 de maio ata ás 22h. Podedes acceder a máis información no foro de Correr en Galicia e no propio regulamento da carreira.


Instagram

Patrocinadores

Arquivo