luns, 30 de agosto de 2010

Atletismo: II Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

Un ano máis nos acercamos ata a Pobra do Caramiñal para participar na 2ª edición da súa carreira popular. Como sucederá o ano pasado, tivemos un día de praia, e dado que a competición absoluta tiña a súa saída ás 12h., o calor pegou con forza.

Como a semana pasada en Carnota, nos desprazamos Miguel, Pepe e Nacho. Unha vez alí, moita xente coñecida e amigos (Gonzalo, Martín, Carlos, Mata, Arturo, Fran, Shaila, Mallo…), e non era de estrañar xa que hoxe por hoxe chégase moi rápido da de Santiago á Pobra, ademais de ser zona habitual de veraneo da xente da nosa cidade e contorno.

Con algo de retraso, e despois das moitas carreiras dos nenos e nenas, tivo lugar a saída absoluta nun circuíto de 6500 m. (realmente 6300 m.), moi rápido polo seu perfil chá. En definitiva, dúas voltas a todo gas polas rúas do pobo.


Perfil

Os resultados doso nosos foron bastante dignos xa que esta carreira adoita ter moito nivel, tanto en rapaces como rapazas (correndo atletas dos mellores de Galicia). Destacar en especial a Pepe, que sigue coa súa boa forma, mantendo o tipo neste circuíto tan explosivo. Miguel fixo dúas partes: unha aceptable e outra ao tran tran por non ter un día dos mellores. E Nacho gozando, coa familia entre o público.

Ao final unha boa ducha fría e a torrarnos na entrega de premios dunha carreira ben organizada, como sempre, e con moita participación e público animando aos corredores e corredoras.


Clasificación:

Oficial aquí

Os nosos:



Fotos:
[Amosar/Ocultar]


Grazas a mayucoira (Correr en Galicia):




Por xentileza de marinela (Correr en Galicia):





Instagram

Patrocinadores

Arquivo