O Noitebra F.C. disputará un partido amistoso este mércores día 1 ante os xuvenís do Milladoiro. Será a primeira proba antes do partido de liga para ir axustando o equipo.
O amistoso celebrarase no campo de Biduido (en Bentín, detrás do Colexio Público), e CONVÓCASE A TODOS OS DISPOÑIBLES PARA QUE SE PRESENTEN NO LUGAR ÁS 19.15 h.
En caso de dúbida ou ausencia, contactar o antes posible aos teléfonos de Rubén ou Kike.
Xa anticipamos, grazas a Simón, que o primeiro partido de liga do Noitebra será o domingo 5 de setembro, ás 18.45 h. no campo de Santa Isabel. O rival será o Velacruz.