sábado, 21 de agosto de 2010

Atletismo: XIX Carreira das Areas. Carnota

En pleno verán os atletas do Noitebra continúan competindo por Galicia adiante, e nesta ocasión Pepe, Nacho e Miguel, desprazáronse ata a praia de Carnota, e non para ir pasar o día en plan relax, senón para participar nunha carreira sen dúbida diferente as demais como foi a XIX Carreira das Areas, cuxo circuíto de 8 km. discorre por plena praia.

O caso é que dadas as peculiaridades desta proba, e para poder correr polas zonas de area dura na praia, a organización tivo que contar cos horarios das mareas, polo que nesta ocasión a hora fixada para o inicio foi as 9.30 h. da maña do sábado, co correspondente madrugón dos que alí nos desprazamos dende Santiago. Aínda así coincidimos con moita xente de Compostela e comarca que ou ben se animaron a ir ata este lugar, ou ben xa se atopaban xa por alí de vacacións.

Despois de retirar o dorsal, e comprobar o terreo no quecemento, tomamos a saída e metemos zapatillas ao circuíto que transcorría pola area, dividido en dúas partes, con ida e volta sobre a praia, ata rematar na meta os ben medidos 8 km.


Perfil


Percorrido

Carreira virtual aquí


Os resultados dos nosos non puideron ser mellores xa que Pepe, na súa categoría, finalizou en 2º posto, logrando un bonito trofeo de cerámica de Nacho Porto entregado polo alcalde. Nacho, sen competir dende O Tangaraño, tivo tamén un bo resultado nas areas de Carnota. Finalmente Miguel logrou entrar por fin entre os 10 primeiros nunha carreira de máis de 100 participantes.

Pepe portando o trofeo gañado


En definitiva, moi bo sabor de boca nos deixou esta carreira nun entorno ideal, con boa temperatura para correr, e cunha organización que se esforzou ao máximo para que todo saíse ben (trato, avituallamento final e regalos, cronometraxe…).


Clasificación:

Oficial aquí.

Os nosos:



Fotos:

[Amosar/Ocultar]





Fotos por xentileza de Jesus Bernal







Instagram

Patrocinadores

Arquivo