mércores, 18 de agosto de 2010

Fútbol. Primeiros adestramentos do Noitebra F.C. 2010-2011

O pasado martes ás 21 h. no parque do Paxonal tivo lugar o primeiro adestramento do Noitebra F.C. 2010-2011. Foron bastantes as ausencias por temas laborais e vacacionais, pero aínda así conformuse un xeitoso grupo para ir comezando a pretempada baixo a dirección de Martín.


Despois das respectivas presentacións e discurso do novo adestrador, o grupo realizou a súa primeira sesión de preparación maracada pola carga física, pero sen deixar de lado ó balón.

A seguinte sesión desta semana será o XOVES 19 DE AGOSTO ÁS 21.30 H. NO CAMPO DE FÚTBOL DAS CANCELAS. Pídese a todos os xogadores que vaian con tempo suficiente para poder comezar o adestramento puntualmente. Rogamos que se comunique ó club as posibles ausencias a esta sesión.

Lembramos que tamén se poden achegar a adestrar co equipo aquelas persoas que pretendan formar parte do plantel para esta tempada.


Instagram

Patrocinadores

Colaboradores

Arquivo