Unha tempada máis o Noitebra F.C. bota a andar, e non con poucos problemas, xa que, como está a suceder noutros ámbitos, a crise tamén afecta ao deporte.
Unha das malas noticias e que este ano non contaremos con categorías inferiores de fútbol (xuvenís, e cadetes “en proxecto”), ao non dispor dos recursos humanos e económicos suficientes para levar a temporada con normalidade. Damos as grazas a Luis polos seus grandes esforzos, así como a todos os interesados nos últimos intres por formar parte dos nosos equipos. Se a próxima tempada se dan as condicións necesarias, posiblemente retomemos o proxecto do fútbol base.
A parte positiva está no equipo de modestos da 3ª Autonómica, que, se nada se torce, competirá un ano máis no grupo santiagués, grazas especialmente á vontade de todos os xogadores do ano pasado que permanecen no club, e que están dispostos a facer un bo esforzo para que o proxecto da sección de fútbol siga adiante un ano máis.
Neste senso, achegámosvos o seguinte aviso:
Convocamos a todos os xogadores ao primeiro adestramento desta pretempada, que terá lugar o MARTES 17 DE AGOSTO ÁS 21H. NO PARQUE DO PAXONAL (zona do Hipercor) ONDE OS APARATOS DE XIMNASIA (xa cambiados e levade zapatillas+botas por se fixeran falta).
Estamos á espera da concesión semanal do Campo das Cancelas (xa vos avisaremos de cándo adestraremos alí, ou noutro lugar de ser o caso).
Asistide todos os que poidades, e OS QUE NON O VAIADES FACER, COMUNICÁDENOLO A: noitebrafc@gmail.com ou aos teléfonos do club.
Permanecede atentos ás noticias neste blog oficial, onde trataremos de poñer ao día o planning (días e lugares de adestramento, partidos amigables, etc.).
LEMBRAMOS TAMÉN que aquelas persoas que queiran formar parte do equipo, pódense presentar o primeiro día de adestramento no lugar antes indicado, ou cando poidan incorporarse (atentos aos lugares e hora dos adestramentos).
A liga comezará a semana do 11-12 de setembro. En breve coñeceremos o calendario.
A Directiva