O sábado pasado pola tarde desprazamento ata a parroquia de Cabaleiros, en Tordoia, para non esquecernos da competición, moi necesaria para manterse en forma aínda que esteamos no verán. Ata alá foron Pepe e Miguel, a pesar do día de praia. E menos mal que a carreira tiña a súa hora de saída fixada para as 20.10 h., xa que a calor estivo presente como ao longo destes días.
Sorprendidos quedamos da cantidade de xente presente, con moitos coñecidos e bos atletas galegos que xa daban idea de que este ano ía haber nivel, e, polo tanto, sería unha carreira rapidiña. O seu circuíto, de 6.8 km, a pesar de comentarse nos foros como “fácil”, era destes con subidas e baixadas constantes, alternadas con zonas planas que non permitían un ritmo medianamente constante. Tamén había longos tramos de terra areosa, que dificultaba a tracción se as zapatillas non estaban nas mellores condicións.
O caso e que, como era de esperar, fíxose una saída a todo tren e moi pronto os favoritos se destacaron, seguindo os demais detrás e moi estirados. Así, falando dos nosos, Pepe rematou co pulsímetro pedindo papas polo ritmo asfixiante de saída e a calor que ía facendo segundo avanzaban os kilómetros; Miguel, a ritmo, seguindo a xente coñecida como Miguel Abel ou Arturo (Atl. Milladoiro), e a ver ata onde se daba chegado, que por sorte foi ata o final. Como premio para os dous noitebros, ademais do avituallamento na chegada, una medalla por finalizar entre os “primeiros” participantes.
Hidratación tralo esforzo, charla final cos coñecidos, estiramentos e para casa cunha carreira máis para o noso historial, e con bo sabor de boca pola correcta organización, público animando, bonito percorrido...
Clasificación:
Oficial, aquí
Os nosos:
Fotos:
[Mostrar/Ocultar]