Un ano máis nos acercamos ata Parada de Piñor en Barbadás para participar na carreira do Tangaraño, que como ben comprobamos o ano pasado destacaba pola súa dureza pero tamén por correr pola pura natureza: camiños polas fragas, monte, rochas, barro, e costas, moitas costas, tanto para arriba como para abaixo.
Saímos cara Ourense Nacho, Jonal e Miguel, e polos pelos chegamos a tempo (sempre nos liamos para atopar o sitio). Unha vez alí, recollemos os dorsais e lixeiro quecemento nunha mañá nubrada, pero con bochorno pola humidade. Xa nos esperaban os 10,8 km nun circuíto moi variado, e divertido, onde era case imposible levar un ritmo constante polas dificultades do terreo. Especialmente dura a primeira parte, onde se acumulaba a maior parte do desnivel en subida.
Chegada endiañada e a tope polas últimas costas abaixo do monte e da aldea para entrar na meta coa animación do público presente.
Debut de Jonal na carreira, con boas impresións e sensacións; Nacho con dificultades pola deshidratación; e Miguel rematando en positivo. Pero o mellor, a ducha final e os refrixerios e pasteliños antes de volver para casa.

Clasificación:
Oficial aquí.
Os nosos:
Vídeos:
Grazas a matogrosso (Correr en Galicia) aquí
Fotos:
[Mostrar/Ocultar]