O domingo pola mañá nova carreira para os noitebros, desprazándose ata Cambados Manolo, Nacho, Jonal, Fernando, Félix e Miguel, xunto con Marcos e Adrián, pupilos do Sr. SADEGA, ausente por motivos laborais. Tocaba volver ó asfalto despois da fin de semana pasada, e nada mellor que facelo nun circuíto propicio, con 10 km case lisos en plena vila cambadesa.
Chegamos con tempo abondo para facer os trámites de costume así como para compartir quecemento con moita xente coñecida (Martín, Oliveira, Moncho…), ademais de poder comprobar o alto nivel que ía haber na competición (Nimo, De la Fuente, Lekhili, Geralavicius…nos homes e a escuadra portuguesa nas mulleres…).
Despois da foto de equipo, como no fútbol, saída bastante puntual para dálo todo en tres voltas a o circuíto nun día cun tempo propicio para correr, aínda que cando asomaba o sol, fervía o sangue. En definitiva, carreira para ir a un ritmo regular e cambiar nos últimos kilómetros… se había forzas…
En xeral todos conseguimos máis ou menos os tempos esperados, pero quedou claro que para rachar o crono nestas carreiras fai falta adestrar moitas series. No obstante, felicidades a todos e, como dixemos, unha carreira máis para gardar…
Na meta, e ó longo da maña, bo trato da organización e avituallamento xeneroso cos participantes, ademais dunha boa camiseta técnica. Duchiña ¡¡quente!!, e volta para a casa, gozando antes duns refrixerios por invitación de Manolo.
Clasificación:
Oficial aquí.
Os nosos:
Fotos:
[Mostrar/Ocultar]
Vídeos grazas a matogrosso (Correr en Galicia):
Aquí