A sección de atletismo non para, e esta fin de semana debutamos nun campionato de pista, co Galego Veterán ao aire libre en Pereiro de Aguiar, e repetimos participación no Campionato Galego de Montaña en Esgos, ambos lugares moi preto da cidade de Ourense.
O sábado pola tarde tivemos o debut do noso club na pista ao aire libre grazas á participación de Pepe no Campionato Galego Veterán. Concretamente, competiu na proba dos 10.000 metros, que era a última da xornada atlética no complexo deportivo de Monterrei. A competencia ía ser dura, porque, ademais de competir todas as categorías por idade xuntas (de 35 a máis de 55 anos), moitos atletas levaban moito tempo preparando especificamente esta proba.
O concurso de Pepe foi moi digno, facendo un primeiro 5.000 trepidante, e que lle custaría a frescura necesaria para terminar as últimas voltas en positivo. No obstante pódese dar por feito o seu obxectivo, correr a 4 minutos/Km, xa que logrou unha marca de 40 minutos e 05 segundos, con fotofinish incluída que demostra un erro claro na clasificación (parece que se esqueceron de contabilizar a algún dos atletas e fixeron un corremento de tempos e posicións), pero que non afecta aos intereses do noso atleta que finalizou no posto 14 (de 19 participantes) e 6º na súa categoría (clasificacións oficiais aquí).
Sen dúbida, foi unha boa experiencia, tanto para os que asistimos como para o propio Pepe, onde puidemos gozar vendo as numerosas probas disputadas (con moito coñecidos das carreiras populares), e incluso vivindo anécdotas curiosas como foi a finalización da entrega de premios por parte da Federación ao rematarse as medallas de bronce.
Fotos Campionato Galego Veterán (Monterrei):
[Mostrar/Ocultar]
Ao día seguinte, pero pola mañá, nova viaxe cara Ourense. Esta vez para participar no Campionato Galego de Montaña celebrado na localidade de Esgos. Foron da partida Julio, Jonal, Nacho e Miguel, sendo baixa Moncho por motivos laborais.
A carreira tiña a súa hora de saída ás 10.30. Afortunadamente o tempo acompañaba, sen facer nin calor excesivo nin frío, para realizar 13 kilómetros nun perfil acumulado moi duro, con auténticos muros a subir en varias partes do percorrido. Polo tanto a estratexia era ir pouco a pouco para deixar forzas para o final. E así foi, e por unha vez podemos dicir que chegamos todos bastante enteiros á cima, onde facía bastante frío polo vento e néboa presentes.

Logo dun bo avituallamento na propia meta, baixada ata a saída en rallybus polos camiños e pistiñas do lugar, lembrándonos da familia do condutor en varios treitos. Embaixo, coma o ano pasado, comida para dar e tomar (xamón asado, chourizo, tortilla, empanadas, bica…) que nos axudaron, e moito, a recuperar as enerxías.
O ano que vén repetimos.
O ano que vén repetimos.
Clasificación Esgos:
Oficial absoluta aquí
Por categorías aquí
Os nosos:
Fotos Esgos:
[Mostrar/Ocultar]
Vídeos Esgos:
[Mostrar/Ocultar]