luns, 31 de maio de 2010

Atletismo: XIV Medio Maratón Volta á Ría de Betanzos

E outro medio maratón: esta vez en Betanzos

O domingo, como non podía ser doutro xeito, os atletas do Noitebra colleron ruta por Galicia adiante para superar outro reto. Neste caso a cita era en Betanzos, no XIV Medio Maratón Volta á Ría de Betanzos. Como de costume, madrugón e viaxe en coche ao noso destino, sendo da partida Jonal, Nacho, Miguel, Félix, Pepe e Dani, esperándonos Manolo xa en Betanzos disposto a gozar (ou máis ben sufrir) un día máis no asfalto.

Unha vez alí nos atopamos cun clima bastante propicio para competir (quizais con algo de humidade que daba a sensación de certo bochorno), e puidemos ver a moitos habituais do Circuito de Correr en Galicia que este ano se están a deixar a pel nas carreiras, como é o caso de Nacho Calvo (Atl. Noia), que non perde unha proba nin de bromas, así como otros coñecidos do Atl. Fontes do Sar ou veciños do noso barrio (Castiñeiriño) e arredores.

No tocante á carreira que nos esperaba, pois vaia se había que dar a volta á ría, transcorrendo a través dun percorrido ben esixente, cuns primeiros 12 km bastante duros e rompe-pernas. Por certo, as vistas eran moi bonitas…

Percorrido


Perfil

Aínda así os nosos fixeron moi boa carreira, con Jonal e Nacho facendo marca, Manolo rendendo a pesar das molestias no sóleo, Dani facendo un carreirón (para o ano xa sabes: fichado), Félix, tamén con molestias, facendo bo tempo a pesar da dureza, Pepe…os seus tempos falan, e Miguel, pois tirando con perna e media (non me podo queixar).

Ao final todos satisfeitos, e máis aínda despois das boas sensacións deixadas pola organización (avituallamentos ao longo da carreira e ao final, duchas con auga quente, fisioterapia, pinchos…).


Clasificación:

Oficial aquí

Os nosos:


Fotos:

Grazas a maridopi (Correr en Galicia):







Fotos de Correr en Galicia:





Máis grazas a Touceda:










Instagram

Patrocinadores

Arquivo