O pasado domingo disputouse a Carreira Popular Vigo+11. Ata alí foi o noso compañeiro Manolo en representación do Noitebra para percorrer os 11 km dos que constaba a proba.
O clima acompañou igual que a semana pasada na Coruña, o cal luciu moito unha carreira na que finalizaron algo máis de 900 persoas. No obstante os participantes non remataron moi contentos por certas anomalías na organización, e a pesar de pagar 5 euros (escaso avituallamento final, mal reparto das camisetas, apertura do tráfico antes de rematar a carreira…).
Percorrido
Clasificacións:
Oficial aquí
Os nosos:
Manolo realizou unha boa carreira, rematando no posto 568 da clasificación absoluta e 72 na súa categoría, empregando 53 minutos (4:50 o km) segundo o crono oficial.
Fotos:
[Amosar/Ocultar]