Excepcional tarde para correr no día da hispanidade a que tiveron os que se deron cita na XII Carreira Pedestre Lestrove 2010. E como non ata alí se achegaron algún noitebros, como foi o caso de Manolo, Pepe e Jonal, para percorrer 10 km de perfil suave.
Como era de esperar, moitos foron os que repetían de A Coruña 10, e tamén moitos coñecidos cos que pasar un bo momento nunha carreira modesta en medios pero moi ben organizada, xa que quen a dirixe pon sempre todo o seu empeño porque saia todo ben. As nosas felicitacións dende aquí.
Ademais estivemos xa en contacto con Fran e Shaila que serán novas fichaxes para a próxima tempada, e que tamén adoitan competir en moitas carreiras durante todo o ano.
Con puntualidade saíron os participantes a todo tren para facer as dúas voltas das que consistía a proba, e pronto os primeiros foron estirando o grupo nun continuo río de xente, case que chegando a dobrar os da cabeza aos últimos.
Unha vez na meta, satisfacción entre os nosos, coa carreira, co avituallamento final, camiseta técnica… e especialmente contentos co día case de verán do que puideron gozar na tarde do martes ente amigos, familia, etc.
Clasificacións:
Oficial aquí
Os nosos:
Fotos da carreira:
[Amosar/Ocultar]