mércores, 10 de novembro de 2010

Atletismo: a famila medra

Pasa un ano máis dende que nos puxemos en marcha alá polo 2008 e o equipo de atletismo segue a súa actividade, incorporando novos integrantes. Así, a tempada 2010-2011 quedará marcada no noso histórico do club por ser a primeira vez na que contamos con categoría feminina e con categorías inferiores.

Comezando pola gran novidade, teremos que dar sempre as grazas a Shaila por querer formar parte da nosa humilde familia deportiva, sendo a primeira muller federada do club, e que esperemos sente precedente de cara a incorporación de novas compañeiras.

Shaila recollendo trofeo en Ames

Shaila, sen dúbida, axudará ao Noitebra a estar no máis alto, xa que o seu espírito de sacrificio e superación faina mellorar co paso dos adestramentos e as carreiras, sendo habitual nela o logro de trofeos cando compite nas populares galegas. Esperamos dende o club axudarlle nas súas metas, e sobre todo a pasalo ben entre amig@s.

Tamén como aposta de futuro nesta mesma tempada 2010-2011 abrimos as portas ás categorías inferiores, sendo o primeiro intrépido que quedará na nosa historia particular, Moisés, un rapaz cadete que en lugar de apostar polo chamado deporte rei, atreveuse a probar o duro e sacrificado mundo do atletismo.

Moisés competindo en Ames

Temos tamén que agradecer a súa confianza e a da súa familia por apostar por nos á hora de introducilo neste deporte, esperando estar á altura das circunstancias.

Insistimos en agradecerlles a ámbolos dous tanto a súa dedicación como a confianza no noso club, desexándolles o mellor na práctica do atletismo.

No mesmo senso e coa mesma importancia, tamén nos congratulamos pola chegada ao noso club federado de Dani, Marcos "SADEGA"., Marcos G. e Fran como reforzos de cara a consolidar o noso proxecto sociodeportivo, así como a renovación dos xa presentes (a base de todo este “tinglado”), lembrando que un equipo, un club, sen deportistas non é nada, aspecto ás veces esquecido noutros lares, máis pendentes dos resultados que das persoas en si mesmas.

E evidentemente, despois de mencionar a Marcos S., responsable do noso patrocinio con SADEGA, non nos podíamos olvidar de agradecerlle o feito de estar máis que nunca ao noso lado na colaboración tanto deportiva como económica, especialmente en momentos de crise como os que estamos a vivir.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo