O Noitebra de atletismo participou o pasado domingo na XXXIV Carreira Pedestre Popular do San Martiño, en Ourense, que sen dúbida corouse como a mellor de Galicia, tanto polo seu número de participantes, como pola súa organización e detalles cos corredores e corredoras, e sen pagar nada pola inscrición.
Esta nova expedición á cidade das Burgas (despois de participar no Maratón en outubro) para competir nos 10.000 metros homologados foi nutrida, con Shaila, Fran, Manolo, Moncho, Félix, Marcos G., Marcos S., Dani, Jonal, Miguel, polo Noitebra F.C., xunto con Alfonso, Alberto, Ricardo e o noso Fleky como acompañantes.
Hai que admitir que chegamos algo xustos ó noso destino e non tivemos oportunidade de facer un bo quecemento, xa que con tantos participantes tivemos que situarnos rápido na liña de saída para evitar atascos. Esperamos solventar esto en próximas ocasións. Os resultados foron lóxicos: pernas duras de inicio, flato…e o peor, a lesión de Manolo (posible rotura de fibras na zona femoral), da cal esperemos que se recupere de cara o medio maratón de Ferrol en decembro.
O perfil da carreira, como xa temos comentado en anos anteriores, lixeiramente ondulado, sen ter a dureza da Pedestre de Santiago, pero a intensidade no ritmo podía facer estragos para as últimas subidas.
Moreas e moreas de xente por Ourense adiante, correndo e animando, respectándonos a choiva ata a chegada, momento no que comezou a caer auga (menos mal que non sarabiou como en Santiago sobre as 12h.). Alí, camiseta técnica, auga, Powerade, Aquarius, Hero fruta, Actimel para todo quisque (nada, tan só unhas pouquechiñas cousas máis que en Santiago), e de balde. Ducha quente no Pavillón dos Remedios e de volta para casa (graciñas a Manolo por esperarnos pacientemente).
Felicitacións aos nos@s pola participación na carreira e como sempre destacar os bos tempos de Fleky e tamén de Ricardo (a ver se un día destes os fichamos…).
Clasificacións
Oficial aquí
@s nos@s:
Fotos do Noitebra na carreira
[Amosar/Ocultar]