venres, 31 de decembro de 2010

Atletismo: III San Silvestre Compostelana. Feliz 2011

O xoves 30 de decembro pola noite, anticipamos a celebración do fin de ano participando na San Silvestre Compostelana, carreira lúdico/competitiva na Alameda de Santiago.
Este ano o bo tempo animou a participar a moita xente, e dende logo o pasamos moi ben entre amigos e amigas.
Ademais dos de sempre, apareceron por alí os triatletas (Ruanova, Trilllo, Patxin, Iván Raña...), cos que puidemos dar unhas voltiñas mentres non cambiaron o ritmo.

Fotos grazas a marinela (Correr en Galicia)

Dos nosos estiveron Shaila, Fran, Pepe, Miguel, Moisés, e amigos como Mallo, Martín, Gonzalo, Manolo V. e un longo etc., destacando en especial os Fleky, Arturo, Marina... xestores desta idea de correr en Santiago para celebrar o fin de ano. Graciñas a todos eles.

Xa só queda desexarvos a todos os noitebros e amigos, un feliz 2011, cunhas imaxes que esperamos que disfrutedes (a música ya poñedes vós coa imaxinación e segundo gustos).





Instagram

Patrocinadores

Arquivo