mércores, 29 de decembro de 2010

Atletismo: XXIX Kros Andra Mari-Itxas Argia, Getxo

O pasado domingo 26 de decembro, Jonal representou ó Noitebra por terras vascas. En concreto, participou no XXIX Kros Andra Mari-Itxas Argia, en Getxo, cunha distancia de 8,5 km sobre asfalto, con saída e chegada no Polideportivo Andra Mari.
Á hora da saída foi ás11 da maña, e durante a carreira tiveron unha temperatura de -2 ºC, o cal fala da posible dureza da carreira (como ben se ve na xente, agás no noso intrépido atleta).



Jonal finalizou no posto 102, dun total de 391 participantes, cun crono de 36:10 e cun promedio de 4:15/km.


Así mesmo, mándanos recordos para todos os noitebr@s, e nós dende aquí desexámoslle un feliz ano a el e ós seus.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo