Os atletas do Noitebra inician o ano como o remataron, gozando das carreiras populares entre amig@s. Nesta ocasión a causa merecía a pena, xa que participamos na I Carreira Benéfica de Lalín, “ningún neno sen xoguetes”. E a resposta da xente non se fixo esperar, xa que para ser aínda o 2 de xaneiro, e cos excesos do fin de ano aínda presentes, houbo moitos e moitas que se puxeron as zapatillas na mañá do domingo.
Fran e a súa "pajarita" |
O clima foi mellorando segundo pasaba a mañá, e este aspecto luciu máis o fermoso percorrido da carreira ao longo de dúas voltas polo paseo do río Pontiñas, para completar un total de 10 km (e un pouquiño máis).
Perfil |
Percorrido |
A nosa representación estivo composta por Pepe, Félix, Marcos S., Nacho, Shaila, Fran, Miguel... e como sempre moitos coñecidos (Mallo e compañía, Iván S., etc.). En especial queremos felicitar a “Pelli” xa que logrou o terceiro posto da xeral (ao final, 2º xa que Nimo non contabilizaba nos resultados), nunha carreira festiva onde cada un o tomou como lle pedía o corpo. Destacar tamén a presenza e apoio de ilustres como Gómez Noia ou Raña (non correron), ou a atleta Julia Vaquero.
Tamén nos congratulamos pola volta, pouco a pouco, ás carreiras do noso compañeiro Fran, que, con paciencia, se está a recuperar dunhas molestias físicas que o tiñan apartado das populares dende hai unhas semanas.