O pasado domingo o Noitebra participou no II Cross da Pobra do Caramiñal, no piñeiral da praia de Cabío. Con esta proba tamén se celebraba o Campionato Galego de Veteráns de Cross, onde nos representaría Pepe na categoría de maiores de 45 anos, como xa fixera o ano pasado. Na categoría senior participaría Miguel, que sería o seu debut en probas federadas nesta modalidade.
Pepe pola zona de area. Foto por moses (Correr en Galicia) |
Nun día inmellorable para a práctica do atletismo, moitos foron os que se animaron a competir no cross, especialmente nas dúas quendas de veteranos (a partir de 35 anos e a partir de 45 anos), con máis de 200 participantes entre as dúas carreiras na categoría masculina, que nun caso terían que percorrer uns 7.300 metros, e os máis veteráns uns 5.300 metros no mesmo circuíto.
Sobre a unha do mediodía daríase a saída da quenda de Pepe, como dixemos, nunha distancia de 5,3 km., con variacións con respecto ao ano pasado, habendo máis percorrido polo piñeiral e menos pola area, pero, sen embargo, con máis curvas e costas. En canto ao seu resultado, bo papel aínda non tendo preparado a proba especificamente, finalizando no posto 41 (de 93), cun tempo duns 21 minutos.
Foto por moses (Correr en Galicia) |
Foto por moses (Correr en Galicia) |
Boas impresións en xeral sobre o cross (organización, o circuito, o ambiente motivador...), polo cal animamos a todos/as os nosos atletas a probar algunha vez unha experiencia coma esta, independentemente do posto final que se acade.
Clasificacións
Campionato Galego de Veteráns aquí
II Cross a Probra do Caramiñal aquí
Fotos
Foro das fotos de Correr en Galicia