E o domingo pola mañá a Rábade (Lugo), e como non podía ser doutro xeito con moito frío (uns 4 grados), polo que non era de estrañar ver a xente abrigada ata os dentes. Coa baixa de Nacho por un proceso gripal, ata alá fomos Fleky e Miguel, atopando por alí a “Pelli” e outros coñecidos.
Foto grazas a "pepeangel" |
O percorrido, xa coñecido pola nosa participación o ano anterior, era deses rápidos, con 5 km de distancia. Curioso resultaba que a xente ao finalizar lle parecía moito menos distancia polos tempos tan rápidos conseguidos, pero o GPS así confirmaba a lonxitude. Como dato interesante, dicir que a participación final na categoría absoluta foi duns 360 corredores, o cal indica o bo tirón desta carreira, a pesar de coincidir coa de Boborás.
Perfil da carreira |
Bos resultados os que obtivemos, con Fleky cravando o tempo do ano pasado (17:35, posto 30), e Miguel mellorando a súa marca (18:00, posto 46). No obstante as sensacións persoais non foron de todo boas polo ambiente frío e pola brisa constante que tamén se fixo sentir en Santiago ao longo do día. Fóra do alcance dos mortais, o gañador da carreira, Platas (correndo por debaixo de 3 minutos o km), e segundo Carlos Villamor. Nas rapazas, gañadora Raquel Suárez Pedrosa e segunda Esther Pedrosa.
Como anécdota, de regalo, ao rematar, unha calculadora (sería para calcular o ritmo dos miles ao ir tan rápido???). E aínda que non son do gusto dun servidor estas carreiras tan curtas e explosivas, podo dicir que é moi recomendable.
Clasificación oficial aquí
Fotos