venres, 21 de xaneiro de 2011

Copa do Mundo de Fútbol en Santiago

A Copa do Mundo de Fútbol estará este sábado 22 de xaneiro no Concello de Santiago para que a poidan visitar todos os cidadáns



O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibirá o vindeiro sábado, 22 de xaneiro, ás 10:00 horas, a Copa do Mundo gañada pola Selección Española de fútbol no pasado Mundial de Sudáfrica. A partir das 10.30 h, o trofeo poderá ser visitado en Raxoi por todos os cidadáns.

A Copa do Mundo volve a Santiago tras o seu paso pola cidade o pasado mes de decembro, cando foi ofrecida ao Apóstolo. Agora, o alcalde recibirá simbolicamente o trofeo de mans dun membro da Federación Española de Fútbol. E dende as 10:30 ata as 19:30 horas do sábado 22, de xeito ininterrompido, os cidadáns poderán achegarse ata o Concello para visitar o trofeo e fotografarse xunto ao mesmo en grupos reducidos.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo