luns, 7 de marzo de 2011

Atletismo: Cross Complutense de Madrid e XXII Memorial Jorge Blanco en Erandio (Bizkaia)

Moitos preguntabades por el e aquí temos noticias de Jonal que nos envía información sobre a súa participación en carreiras nestas últimas semanas.

O sábado26 de febreiro Jonal participou no Cross Complutense 2010-11 en Madrid capital, celebrado sobre as 12 da mañá, cun percorrido de 8.169 metros. O noso atleta empregou un tempo de 36 minutos e 42 segundos, cun promedio de 4’29´´/km, finalizando no posto 124 dun total de 245 atletas que remataron a proba.



O domingo 6 de marzo tamén participou no Erandioko herri krosa “XXII Memorial Jorge Blanco”en Erandio (Bizkaia). Tiña a súa hora de saída ás 12 da mañá para a categoría absoluta, que habería de completar unha distancia de 6.700 metros. Jonal rematou cun crono de 28 minutos de 12 segundos, cun promedio de 4’13´´/km, rematando no posto 131 de 307 participantes que remataron a competición. Tamén competía Gorka, irmán de Jonal, que tivo que retirarse por mor dunha lesión.

En segundo plano Gorka e Jonal

Jonal envíavos recordos para tod@s, e nós dende aquí lle desexamos o mellor e esperamos que nos poida visitar pronto.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo