E o domingo máis. Esta vez o Noitebra participaba no III Cross Ambiental de Ordes, cunha mañá inmellorable para competir. Nada que ver co ano pasado (choiva e moito barro no percorrido). Duplicaron esforzos Manolo, Marcos G. e Miguel, que competiran o sábado en Padrón. Tamén contaríamos con Jaime e Moncho, que retomaban as carreiras despois dun tempo, sendo baixas por diversos motivos Julio e Pepe.
O percorrido tiña unhas pequenas variacións con respecto ao ano pasado, pero seguía sendo duro e cunha distancia aproximada de 9,5 km por corredoiras, camiños, regatos e río a través.
Saída puntual e logo tocaba castigar o corpo polas primeiras subidas. No tramo final, vertixe total costa abaixo, cruzando por pleno río para rematar atope no lugar de partida.
![]() |
| Perfil |
![]() |
| Percorrido |
En definitiva, grande felicidade entre nós, aumentada grazas ao bo trato da organización, que nos obsequiou con camiseta, froita, bebida en abundancia, chocolate con churros e biscoito, a pesar da ducha fría (igual que o día anterior en Padrón).
Clasificacións
Oficial aquí
Oficial aquí
Os nosos:
Fotos do Noitebra na carreira (grazas ao xenro de Manolo)
[Amosar/Ocultar]







