domingo, 6 de marzo de 2011

Atletismo: IX Carreira Popular Concello de Padrón 2011

O sábado pola tarde o Noitebra competía na IX Carreira Popular de Padrón, servindo a proba para presentar ás novas fichaxes da sección: Carlos, Óscar e José Ramón. Foron tamén da partida Shaila, Fran, Félix, Marcos S., Marcos G., Fernando, Manolo e Miguel (unha boa tropa).



Carreira xa ben coñecida por anteriores participacións, cun percorrido de perfil semichán de dúas voltas ao redor do río, con saída e meta no Espolón, completando un total de 10.480 metros.
Perfil
Perecorrido

Boa tarde para competir en canto ao clima se refire e co alicerce de premios en metálico ate os 75 primeiros postos en homes e os 25 en mulleres. Na saída, caída no centro do pelotón, pero por sorte non foi máis alá dun susto e rasconazos para algúns. E ao final desta intensa carreira e de numerosa participación (remataron máis de 540 corredores/as), premio para Carlos (10 euros) e Shaila (20 euros), e con sensacións moi diversas entre os nosos, pero en xeral todos contentos por compartir un tarde en boa compaña.

Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos:

Fotos do Noitebra na carreira (grazas ao xenro de Manolo)

[Amosar/Ocultar]

Instagram

Patrocinadores

Arquivo