luns, 18 de abril de 2011

Atletismo: I Cross Popular Cidade da Coruña

A tarde do sábado Manolo participou no I Cross Popular Cidade da Coruña. 

Foto grazas a mayucoira
 
O circuíto da proba transcorría pola zona da Torre de Hércules.

Percorridos aproximados do cross por categorías
O noso compañeiro competiu con molestias musculares que lle impediron gozar dunha boa tarde correndo.
A serie de Manolo correspondíase coa de Veterás C, cunha distancia oficial de 6.120 metros. Ao final, por mor dunhas variacións no percorrido, a distancia quedouse en 5,5 km, na que o noso atleta empregou 28 minutos e 9 segundos (tempo oficial), rematando no posto 24 de 33 participantes que remataron a carreira.



Instagram

Patrocinadores

Arquivo