luns, 18 de abril de 2011

Atletismo: II Carreira Popular Solidaria Concello da Estrada 2011

A mañá do domingo boa parte dos atletas que competirán a semana anterior na Vig-Bay volvían ao asfalto para participar na II Carreira Popular Solidaria Concello da Estrada 2011. Xunto a Shaila, Fran, Fernando, Nacho, José Ramón e Miguel, sumáronse Pepe e Jaime nunha mañá que rematou sendo calorosa.

Foto grazas a Vane
O percorrido, despois dunhas modificacións por causa das celebracións relixiosas (sucedeu o mesmo nada mais e nada menos que na Maratón de Madrid), pasou duns 10,5 km aos escasamente 8,9 km. Iso, si, non o soubemos ate o final. O perfil quebrado pero axeitado para facer uns tempos decentes, pero a hora da carreira (12h.) xunto co clima complicaron algo o asunto.

Pefil da carreira

Percorrido

Foto grazas a tarzán
Saída da praza principal e esperábannos 3 voltas a un percorrido que logo nos fixo desconfiar da distancia oficial. Enriba tivemos como competidores a uns cantos coches que se colaron en plena carreira, coa correspondente rifa do persoal.



Foto grazas a tarzán



Deixando as anécdotas, como era de esperar, o final fíxose duro polo desgaste provocado polo percorrido, a intensidade, o calor, e tamén a carga en moitos de nós pola Vig-Bay.



Ao final, como case sempre, alegría para o noso equipo grazas a Shaila que rematou 3ª na categoría senior, nun podio completado con Marinela (ausente nas premiacións?) e Yolanda.
Foto garzas a Fran

O caso é que foi unha fermosa mañá para reunirnos correndo preto da casa un bo lote de noitebros (ata 9), e sen esquecernos do noso amigo Fleky, integrante da nosa viaxe dende Santiago.





Clasificacións
Os nosos:

 
Foto grazas a Marinela

Chega a Semana Santa e cabe lembrar que non teremos acceso ás instalacións de San Lázaro, pero estaremos igualmente nos exteriores o martes ás 20h. Esa mesma semana, o sábado pola mañá, participaremos na carreira da Pascua en Padrón.



Tamén queremos salientar que este domingo Jonal debutaba na distancia de Maratón en Madrid, e xa sabemos que logrou rematar a proba cun tempo oficial de 3 horas 33 minutos e 50 segundos (3 horas, 31 minutos e 17 segundos de tempo neto), ocupando o posto 2.182 (442 na súa categoría) dun total de 8.583 atletas que finalizaron a carreira. Esperamos noticias do noso atleta, pero xa lle enviamos dende aquí as nosas felicitacións!!!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo